quinta-feira, 11 de março de 2010

O río Nilo

O río Nilo é o río de África nororiental. Con 6.671 km de lonxitude, é o curso fluvial de maior lonxitude do mundo. A súa fonte principal é o Kagera, que nace no altiplano de Burundi. Con este nome enra pola costa O no longo Victoria, e sae polo norte, preto de Jinja, co nome de Nilo Victoria. Desde o lago, o Nilo dríxese cara ao NO ocupando depresións, como a área pantanosa do lago Kioga. Despois forma unha gran curva e cae 600 m nas cataratas Kabalega, na beira Norte do lago Mabuto. Preto de Sudán toma o nome de Bahr-al Gaval, e flúe cara o NO. Descendendo pouco a pouco ata 465 m en Fort Berkeley, onde se converte nun río de chaira e unha expesa vexetación herbácea, o sudd cubre as súas beiras. Preto de Malakal toma o nome de Nilo Branco, atravesa Nubia e chega a Khatún, onde recibe ao Nilo Azul pola dereita. Despois de recibir o `Atbara, procedente do macizo etíope, penetra na zona desértica. Pouco despois entra en Exipto, onde percorre 300 km ata chegar á primeira catarata, preto de `Aswan, onde o Nilo baixa de 330 a 90 m de altitude. Despois do Cairo bifúrcase e comeza o delta , un gran triángulo de 200 km de lado. O aspecto máis característico do curso baixo do Nilo son as cheas que acontecen no Nilo Branco e no Azul, entre maio e outubro.

Compoñentes do equipo: Martín Mesías, Iria Fajín, Natalia Iglesias, Tamara Muiño e Leandro Fernández.

Sem comentários:

Enviar um comentário